Versos gallegos / Franciso Cabo Pastor
- ES 2026.AF.MPV CLF-AF-MPV-versos-gallegos-cabo-pastor
- Item
- 1929 - ?
Part of Colección literaria de Ferrol
Francisco Cabo Pastor foi un médico, escritor e activista cultural que naceu en Ferrol no ano 1872. Persoeiro fundamental na fundación das Irmandades da Fala en Ferrol (15 de Abril de 1917) e da Solidaridade Galega, dirixida polo seu amigo e compatriota local Rodrigo Sanz. Formouse na escola de Artes e Oficios desde o ano 1888, pasando a estudar a carreira de medicina en Santiago, doutorandose no ano 1905. Exerceu nas localidades de Ferrol, Ares e As Pontes, compoñendo a letra do himno nesta última cidade. Ademais, formou parte do Claustro da Universidade de Santiago onde publicou varios traballos profesionais como “Progreso Médico”, “Gaceta Farmacéutica Española” e ”Sociedad Española de Higiene” sendo premiado algúns deles.
Na súa faceta escritora destacou pola súa defensa da lingua e identidade galega en diferentes publicacións periódicas, como “El Correo Gallego”, “Galicia” e “Juventud”, de Ferrol; “Cultura Campesina”, de Fene; “La Antorcha”, de Cedeira, e “A Nosa Terra”, da Coruña. Escribiu poesía, narrativa e ensaio en galego e castelán, sendo «Semprenoiva» (1923) a súa obra máis recoñecida. Tamén foi xornalista e conferenciante, cun estilo combativo contra o caciquismo. A causa dunha enfermidade quedou cego cando tiña 50 anos, falecendo o 16 de Marzo de 1973 á lonxeva idade de 101 anos.
Francisco Cabo Pastor